Organizado pola Asociación de Artesáns de Monção “Post’Arte”, en colaboración coa Cámara Municipal, realízase entre os días 5 e 8 de decembro, o habitual Mercado de Nadal, na Praza Deu-la-Deu. Para a seguraza de todos, os expositores adotaron varias medidas de prevención.
Nestes días, a Praza Deu-la-Deu, coa árbore de Nadal no centro e as fachadas dos edificios circundantes iluminadas, presentase vistosa, elegante e decorada con diversos motivos alusivos á época, echendo a “sala de visitas de Monção de maxia e fantasía. Os 15 expositores presentes presentarán diversos artigos e produtos artesanais relacionados coas datas natalicias. Todo producido polas mans expertas e laboriosas dos artesáns monçanenses, tendo como base de creación un conxunto variado de materiais e moita imaxinación.
As medidas adoptadas para quen pretende visitar o Mercado de Natal inclúen o uso obrigatorio de máscara ou pantalla protectora en todo o recinto, unha distancia mínima de seguranza entre as persoas e a disponibilización de xel hidroalcólico para os visitantes por parte dos expositores. A organización recomenda que o tempo de permanencia no recinto sexa o estritamente necesario para a adquisición dos artigos pretendidos, debendo efectuarse o atendimento de maneira organizada, respectando as regras de hixiene e seguranza.