Despois deste parón provocado polas novas restriccións a Sala Rebullón retoma a programación teatral do Ciclo de Teatro Amador organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA). O vindeiro martes 8 ás 18 horas poderemos disfrutar dun espectáculo para toda a familia. A compañía Axóuxere Teatro representa “Quero ser maior!”.
“Quero ser maior!” é unha comedia musical familiar. A protagonista é Gaia, unha nena de 11 anos que sente a necesidade de medrar para poder gañar cartos e axudar á súa nai. Unha noite Gaia atópase nun espazo estano cun personaxe chamado Héctor e os seus compañeiros da Patrulla de Control de Nenas Precoces. Aquí comeza á súa divertida aventura…
As entradas, cuxo prezo é de 3 euros, están á venda na Cantina do CSCD Ás Pedriñas. Avda. do Rebullón, 23 Tameiga – Mos.