Redacción 05/12/2020

O goberno de Mos asegura que, tal como se ven promovendo desde hai oito anos, as cotas dos tributos municipais continuarán sendo as mesmas. A pesar das grandes necesidades do Concello en áreas importantes como servizos sociais ou novos investimentos, o Concello decidiu non modificar ningún imposto. 

 

Tendo en conta a situación de crise económica que se está a vivir por mor da Covid 19, o goberno de Mos tomou a decisión de non modificar os impostos locais de tal xeito que non se aumentasen ningún (IBI, IAE, Imposto de vehículos ou taxa de lixo), a pesar das necesidades que cada ano se ven incrementadas, tales como maior gasto social, mais e mellores instalacións deportivas e lúdicas, novas inversións, entre outras. Ao mesmo tempo, o Concello lembra que ao longo do ano 2020 foi suprimida unha serie de tributos que no ano 2021 non se van recuperar, como a taxa de terrazas, quioscos, venda ambulante, publicidade, ocupación de voo en vías públicas, etc. Isto vai reverter especialmente, nos autónomos e pequenas empresas, sobre todo na hostalería, que teñen unha menor carga fiscal para poder continuar coa súa actividade económica. 

De igual xeito o Concello de Mos ven de aprobar en Pleno importantes cambios para ofrecerlle á veciñanza facilidades de pago nos tributos que xestiona directamente. O obxectivo é dar continuidade ás datas de cobro que se veñen empregando nos derradeiros anos para garantir que o cidadán coñece as mesmas e facilitar o pago destes conceptos. Agora ben, ao mesmo tempo quere ampliarse o prazo en cada tributo local que cobramos directamente de xeito periódico, de tal forma que se dean maiores opcións de pagamento segundo as necesidades e interese de cada contribuínte.

Así amplíase un mes o prazo para o pago nos tres tributos periódicos que se cobran polo Concello e que son a taxa por recollida de lixo, taxa de vaos e imposto de vehículos de tracción mecánica. O concello tamén vai por  en marcha unha campaña de domiciliación, ofrecendo á veciñanza a posibilidade de poder fraccionar o pago en 2 prazos co Plan Especial de Pagos (PEP) que actualmente posúe a administración local mosense. Isto é completamente gratuíto e non xerará ningún tipo de recargo ou interese para o administrados.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad