Dende hoxe a hostalaría porriñesa pode abrir só terrazas e cun aforo do 50%
O martes volverá o mercado ambulante tras 6 semanas de suspensión
O sector da hostalaría local tivo unha resposta desigual ante a posibilidade de abrir dende hoxe os seus establecementos, segundo o establecido no plan de desescalada promulgado pola Xunta de Galicia.
O Porriño está no nivel máis restritivo, de xeito que os establecementos tan só poden servir nas terrazas, cun aforo reducido ao 50%, cun máximo de 4 persoas por mesa, sexan ou non convivintes. o horario de peche será ás 17.00 h.
Continúa a tendencia á baixa no número de contaxios no Porriño como acreditou hoxe a actualización diaria de datos do SERGAS. Segundo informou o número de novos casos diagnosticados nos últimos catorce días son 47. E a incidencia acumulada no concello é maior de 150 e menor de 250, é outro indicador que reflicte a melloría.
Do tratado onte pola alcaldesa co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na reunión telemática semanal que mantén cos rexedores dos concellos da área de Vigo; xunto con estes datos, serán trasladados e comentados cos representantes de todos os grupos da corporación na reunión da Comisión Municipal de Seguimento da Covid, convocada para o vindeiro luns 7 de decembro.
Por outra banda, o Concello do Porriño lembra que o vindeiro martes festivo día 8, volverá o mercado ambulante despois de 6 semanas de suspensión. Á vista da contrastada melloría que reflicten os datos, o goberno municipal tomou esta decisión para aliviar económicamente a moitos deses vendedores, dos que moitos son tamén veciños.
Esta decisión foi trasladada e participada polos representantes dos demais grupos políticos da Corporación, na última reunión da comisión de seguimento.
Para asegurar un maior distanciamento e menor aglomeración, os postos alternaranse cada semana montarán impares ou pares según corresponda, comenzando o vindeiro 8 por 70 postos con número impar, e os e núemro par o vindeiro 15. Esta ova regulación manterase á expensas da evolución dos datos da pandemia.