
Eva García valora a David Regades como “gran aliado para afianzar o noso futuro”
A alcaldesa do Concello do Porriño, Eva García, reuniuse hoxe en Vigo con David Regades, Delegado de Zona Franca para falar do estado de tramitación de distintos proxectos en marcha de interese para O Porriño, como a promoción de chan industrial, a apertura dunha gardería infantil no polígono de A Granxa, ou a necesidade de dotar aos polígonos industriais de servizos que supoñan valor engadido para as empresas.
Neste encontro tamén trataron “dos retos da Axenda 2030 no que atinxe a diminución de gases de efecto invernadoiro e de diversas cuestións de indubidable interese, non só para O Porriño, senón tamén para toda a zona sur da provincia dada a nosa condición de motor económico”, manifestou García de la Torre.
A rexedora porriñesa amosouse “moi satisfeita cos resultados da reunión” e agradeceu a David Regades “a súa sensibilidade cos problemas de O Porriño. Sen dúbida, é un gran aliado para afianzar o noso futuro”, valorou Eva García.