Redacción 30/11/2020

O Concello do Porriño súmase un ano máis á iniciativa solidaria #GivingTuesday.

Desta volta cunha recollida específica de alimentos, leite e produtos de hixiene para bebés.

Mañá 1 de decembro é o “Giving Tuesday” ou “Martes de dar”, un movemento internacional que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas. Este ano 2020, por iniciativa dos nenos e nenas do Porriño e segundo acordouse no último pleno infantil celebrado, realizaráse unha recollida específica de alimentos, leite e produtos de hixiene para bebés para a súa posterior distribución entre as familias do concello con menores recursos. Recomendase doar cremas, toalliñas, purés, leites e alimentos infantís de todo tipo.

A actividade central de recollida terá lugar o martes 1 de decembro, e realizarase fundamentalmente en colaboración cos centros escolares, nos que se instalarán os puntos de recollida.

A alcaldesa Eva Garcia e a concelleira de Educación, Lourdes Moure acudirán ás 12,30 horas ao CEIP “Fernández López” a comprobar como vai a campaña de recollida.

O “Giving Tuesday” ou “Martes de dar” naceu como alternativa ao Black Friday e Cyber Monday, que promoven o consumismo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad