O Deputado Guillermo Meijón asegura que “Nunca miramos un gobernó máis comprometido” en suprimir o paso a nivel no centro do Porriño
“Podemos felicitarnos todos de que o proxecto de soterramento do tren ao seu paso polo Porriño, coa eliminación dese paso a nivel anacrónico, vai ser moi cedo unha realidade”, afirmou hoxe o deputado Guillermo Meijón nunha reunión de traballo coa alcaldesa e concelleiros do goberno municipal.
Meijón Couselo xunto con Angeles Marra, deputada e Marica Adrio, senadora todos eles parlamentarias socialistas pola provincia de Pontevedra, mantiveron unha reunión de traballo con Eva García e os concelleiros Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso a propósito do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021.
Previamente acudiron ao paso a nivel onde comentaron as últimas novidades sobre a tramitación do proxecto. A redacción do mesmo adxudicouse por 854.603 € e deberá plantexar estudo de alternativas, proxecto básico e proxecto constructivo. Entre as alternativas figura a posibilidade de soterrar tamén a actual estación ferroviaria. O contrato formalizouse hai uns días polo ADIF coa ute formada polas empresas de enxeniería “GOC” e “Prointec”.
En palabras do deputado Guillermo Meijón “nunca miraramos aun goberno tan convencido e comprometido para que este compromiso poida concretarse e de feito xa é un gran avance que se adxuicase o proxecto e que teña un prazo de entrega de 16 meses pot que a partir de ahí damos por seguro que O Porriño por fin poderá liberarse dese paso a nivel”, manifestou o parlamentario pontevedrés.
Pola súa banda, a alcaldesa agradeceu que “esta visita trouxera tan boas novas sobre a intención e o compromiso do Goberno de España para acadar a eliminación do paso a nivel no centro do Porriño”. “Sei que nun futuro non moi lonxano veremos cómo será realidade”, engadiu Eva García.