Redacción 27/11/2020

PSOE e BNG perdoan parte da renda das canteiras en parcelas municipais pola crise da Covid e tamén un Prego de Condicións a medida

 

O grupo municipal de EU Son do Porriño, tras o Pleno telemático celebrado o pasado mércores, comunica a súa disconformidade coa medida, xa que “parece que, tras décadas de facer e desfacer libremente, hai que atender as peticións e desexos destas empresas. ¿Para quen se traballa dende o Concello? Todo o rigor con Pemes, autónomos e veciñanza en xeral, pero cos de arriba uns mandados”.

Según expoñen “son catro canteiras e só unha está ao día nos seus pagos co Concello, as outras tres debían a finais de xullo case 500.000 € (isto é o esixible legalmente, do anterior non sabemos). As que teñen importe pendiente terán que acollerse a un plan de pagos, para poder optar ao desconto solicitado”.

Tamén saíron adiante no Pleno do 25 de novembro, onde tamén votou a favor Manuel Carrera (UDDL),  os pregos para os arrendamentos de parcelas municipais para explotación de canteiras. “Todo moi traballado e falado previamente con POCASA – Porriñesa de Canteiras, S.A. con eles si conversa o señor Pereira, concelleiro de patrimonio (BNG) e recoñéceo sen pudor”, subliñan dende o grupo de esquerda porriñés.

EU Son votou en contra destas  propostas, pois “coma sempre, esixe que se aborde dun xeito integral  este tema en todas as súas vertentes (económica, medioambiental, laboral e social) e en coordinación con todas as administracións implicadas e os veciñ@s afectadas. Fáltannos ao respecto, por non variar, infantilizándonos, acusándonos de usar subterfuxios e non facer o noso traballo”.

Dende EU Son rematan indicando “nós temos claro de que lado estamos. PSOE e BNG parece que non e tampouco que quen goberna en minoría é quen ten que poñer da súa parte para acadar acordos, e non emparanoiarse con pinzas co PP. Ese argumento xa está moi reseso. Sempre as mesmas artimañas e as mesmas trapalladas”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad