Os amig@s de Hípica Celta organizan nos Concellos adheridos, a inciativa Nadal2020 onde os pais poderán rexistrar aos nen@s para ser felicitados cunha videochamada
Os Concellos próximos que participan ademáis do porriñés son o de Gondomar, Soutomaior, Covelo e a Cañiza
Nun ano especialmente complicado para tod@s, e tendo en conta que evitar as aglomeracións aon unha das principais situacións a evitar, fan pensar que difícilmente haberá cabalgatas de Reis ou encontros persoais con Papá Noël.
Pero grazas a tecnoloxía, non por iso os nen@s van quedar sen dicir a Santa Klaus ou aos Reis Magos de Oriente, o ben que se portaron durante o ano, así como os seus desexos navideños. Pois os amig@s de Hípica Celta crearon o proxecto Nadal2020, para que reciban unha videochamada vía whats up o día e hora indicado no rexistro.
O Concello do Porriño participa nesta iniciativa, así como os municipios próximos de Gondomar, Soutomaior, Covelo e a Cañiza. Desde este mércores 25 a partires das 08.00 h, comezará a funcionar o rexistro de nen@s
Deste xeito, aqueles pais que dexesen inscribir aos seus fillos, poden facelo en tres sinxelos pasos:
– Entrar na web www.nadal2020.es e no apartado rexistro hai que marcar o Concello participante ao que pertencedes, onde aparecerá se está agregado a campaña Papá Noël, Reis Magos ou ás duas.
– Cubrir os datos do nen@ e comentar algún dato sobre os gustos ou aficións do mesmo, para facerlle referencia na videochamada.
– Agardar e ter dispoñibilidade no móvil de contacto o día e hora reservado.
Cabe dicir, que para evitar a intromisión de datos falsos, contan cun sistema de varios filtros de seguridade, como identificador da IP entre outros, lembrando que se podería incurrir nun acto delictivo.