A Comisión Municipal de Seguimento anti Covid celebrou hoxe reunión telemática para avaliar os últimos datos no municipio e medidas a adoptar polo Concello
Segundo a última actualización do Sergas, O Porriño ten 84 casos activos diagnosticados de Covid e unha incidencia acumulada de máis de 250.
Na reunión de hoxe compareceu a xefa do departamento de Servizos Sociais, que informou dos protocolos que están a seguir.
O concelleiro responsable, David Alonso tamén detallou información sobre o reparto a domicilio dos lotes de alimentos que canaliza “SOS Porrriño”, que se están a realizar para aminorar riscos coa importantísima colaboración da Agrupación de Protección Civil de O Porriño.