O Porriño solicita melloras estructurais no Albergue de Peregrinos
O Concello do Porriño solicitou á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, unha mellora das deficiencias estruturais que presenta o inmoble do Albergue de Peregrinos.
David Alonso, concelleiro de Turismo entrevistouse hoxe en Santiago con Ildefonso de la Campa, director da S.A. do Plan Xacobeo. Alonso Bargiela retornou co compromiso de que a Xunta vai acometer ese arranxo das deficiencias, particularmente graves na xunta de dilatación do inmoble, xa que o executivo do Xacobeo manifestoulle que hai disposición orzamentaria. Por outra banda, o concelleiro de Turismo trasladoulle a Ildefonso de la Campa que a petición de que a S.A. de Xestión do Xacobeo homologue un percorrido alternativo e complementario ao actual pola rúa San Sebastián para que os peregrinos que chegan ao Porriño o fagan tamén pola rúa Manuel Rodríguez e barrio de San Benito.
Como anécdota, o concelleiro agasallou ao directivo do Xacobeo cunha bola de Pan do Porriño como se aprecia nas imaxes.