Recibirán a Medalla ao Mérito Policial pola súa intervención auxiliando ás vítimas
Tras as propostas feitas pola Dirección General de Emergencias e Interior, unha vez documentadas, informadas e valoradas pola Comisión de Coordinación de Policías Locales de Galicia, na reunión de 20 de octubre de 2020 acordaron recoñecer pola súa intervención na explosión pirotécnica de Paramos acaecida o 23 de maio de 2018, a Medalla ao Mérito Policial a sete axentes da Policía Local do Porriño.
Deste xeito, as distincións propostas son ao Inspector Xefe, Daniel Rodríguez; os Oficiais, Antonio Pereira Nandín e Adolfo Suarez Piñeiro; e os axentes Benjamín Blanco, Francisco Javier Rodríguez, Sergio García e Brais Roca, todos eles participantes no terrible suceso.
Ao mesmo tempo tamén se condecorou polo mesmo motivo aos axentes José Ramírez Pérez, Manuel Arca Caeiro, David González Martínez y a Avelino Martínez Pérez, policías do corpo da Policía Local do Concello de Tui.
Os sete policías locais do Porriño acudiron ao concello veciño a cooperar nas primeiras tarefas de asistencia aos feridos, nada máis recibirse a alerta de Emerxencias 112. Foron dos primeiros en chegar ao lugar, revisaron as vivendas afectadas pola deflagración e participaron na evacuación dos feridos en colaboración cos servizos de emerxencias.
O DOG de hoxe publica a resolución que firma Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia. A disposición amosa no seu texto que na actuación dos devanditos axentes do Porriño hai que “salientar o seu compromiso de servizo, cualidade inherente ao ideal de servicio público, predicable dun bo policía, que se encadran nas condición previstas no artigo 92 do Decreto 243/2008, de 16 de octubre, para a concesión da distinción”. Cabe subliñar que hoxe en día, dous deles xa non están no Porriño e teñen outros destinos: o oficial Adolfo Suárez, en Nigrán e o axente Sergio García, en Parla.
Pola banda dos axentes de Tui, José Ramírez Pérez formou parte da plantilla da Policía Local durante 37 anos sendo o Inspector Xefe até a súa xubilación o ano pasado. Manuel Arca, o actual Inspector Xefe, suma 33 anos de servizo e en 1999 recibía a insignia do Concello pola súa intervención na resolución dun secuestro no monte Aloia. Avelino Martínez leva 31 anos no corpo da Policía Local e David González, está a piques de cumprir 17 anos coma axente.
Os catro coincidiron en sinalar aquel 23 de maio coma o día máis duro que viviron na súa carreira profesional coma membros da Policía Local. Poucos minutos despois da explosión Avelino Martínez e David González foron os primeiros en chegar ao lugar co desconcerto inicial de coñecer a orixe do suceso, e atopándose cun escenario dantesco propio dun escenario bélico. José Ramírez lembra que “foi impactante” e coma “o cheiro a pólvora te asfixiaba” e “a tristeza de ver os corpos sen vida” das dúas persoas que faleceron. Manuel Arca recorda coma os entullos o enchían todo. Agora dous anos despois amosan a súa satisfacción por ver recoñecido o seu labor coa máxima distinción que pode ser concedida a un policía local.
O acto de entrega das Medallas aínda non ten data debido as actuais restricións pola pandemia sanitaria.