Convidan aos veciños a colgar a bandeira nos balcóns a partires do 27 ás 18.00 h
Serianper disporá de bandeiras a prezos reducidos
Marrocos rachou co Plan de Paz do Pobo Saharaui violando os pactos de alto ao fogo tras a incursión do Exército de Marrocos na rexión do Guerguerat.
O Pobo Saharaui necesita máis apoio que nunca, polo que familias de acollida de O Porriño e de Mos, puseron en marcha unha iniciativa solidaria de apoio na que convidan aos veciños a colgar a bandeira do Sahara Libre nos balcóns a partires do 27 de novembro ás 18.00 h.
Podedes animarvos a debuxala ou imprimila ou tamén, Serianper porá a disposición bandiras de varios tamaños a prezos reducidos.