Redacción 17/11/2020

Esta semana saiu á venda o número 3 da revista de carácter cuatrimestral, pechando o primeiro ano de actividade nesta edición en papel. A capa foi realizada polo artista ourensá Xosé Poldras e a entrevista foi realizada conxuntamente a Manuel Gago e a Miguel Cajigal (ElBarroquista).

 

Este novo exemplar conta ademáis cos seguintes artigos: 

– A Cátedra de Cultura Galega ‘Xosé Neira Vilas’, da Universidade da Habana. Trinta anos tecendo redes entre as dúas beiras do Atlántico, por Arantxa Fernández Crespo.

– Sofía Casanova. Correspondente galega en cinco guerras do século XX, por Eila Rodríguez Filgueiras.

– Radicalismo ou extremismo? Ás cousas polo seu nome, por Marcos Dono Martín.

– Cartas, ondas e pedras. A Igrexa Católica na República Dominicana durante a ditadura e a transición democrática (1954-63), por Adrián Feijoo Sánchez.

– A performance falanxista. O culto a Santiago e a crónica de Urbano Tavares Rodrigues, por Emilio P. Cancelo.

– As olladas do rexionalismo crítico. Identidades arquitectónicas nas periferias peninsulares (1960-90), por Santiago Rodríguez Caramés.

– GaliPIXEL. Notas sobre a industria e a cultura dos videoxogos en Galicia, por José García Vega. 

Pechando a revista, Francisco Álvarez ‘Koki’ enviou o Poema da desolación en homenaxe á obra pictórica Muller coa Fouce, de Castelao.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad