Redacción 16/11/2020

Eva García acusa a Nidia Arévalo de “desconsideración” cara aos porriñeses e a súa alcaldesa

 

A rexidora do Concello do Porriño e presidenta do Consorcio de Augas do Louro, Eva García, amósase “sorprendida” polo anuncio da alcaldesa de Mos de que este procurando apoios no Consorcio para axudar á hostalaría.

A alcaldesa porriñesa sinalou que “sendo eu a presidenta do Consorcio, ninguén de Mos, púxose en contacto comigo para suxerir medidas para axudar aos hostaleiros o que, por un sinxelo principio de cortesía institucional, debería telo feito antes de acudir á prensa”.

“Sorpréndeme que a alcaldesa de Mos que nunca asiste ás reunións do comité directivo do Consorcio, pretenda liderar unha iniciativa tal sen siquera facer previamente unha proposta no órgano de deliberación que precisamente reuniuse hai unha semana”, engadiu Eva García de la Torre.

A presidenta do Consorcio lembrou que nesa reunión o concelleiro de Mos que asistiu non manifestou nada ao respecto desa proposta que “sen embargo cónstame que Nidia Arévalo trasladouna en conversas telefónicas aos meus homólogos de Salceda e Tui, así como ao xerente do Consorcio”.

A rexedora do Porriño considera que “este novo episodio protagonizado por Nidia Arévalo é a enésima falta de consideración e respecto aos 20.300 porriñeses na persoa da súa alcaldesa”.   

Finalmente, Eva García indicou que o vindeiro xoves convocarase unha reunión do comité directivo do Consorcio “na que poderá discutirse esa medida no caso de ser presentada”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad