Concentración da Unión comarcal da Cig de Vigo
Reclamación da apertura dunha investigación na Residencia Xeriátrica de Salvaterra
A Unión Comarcal da CIG de Vigo convoca unha concentración diante da Residencia Geriátrica Salvatierra, en Salvaterra de Miño, recentemente intervida pola Xunta ante o contaxio masivo por coronavirus entre persoal e residentes. A central reclama a apertura dunha investigación para esclarecer o acontecido nun centro que a CIG leva denunciando diante da Inspección de Traballo e da inspección de maiores da Xunta dende 2017 para que se determine a responsabilidade tanto das Administracións que no seu día foron informadas das irregularidades existentes como da propia dirección da residencia, que mantén unhas condicións de explotación laboral e de atención deficiente dende hai anos.
Terá lugar mañán día 17 de novembro ás 11 na Rúa do Miño Nº 2, en Salvaterra do Miño, na Residencia Xeriátrica Salvaterra.