Redacción 14/11/2020

Tamén se decretou  o uso obrigatorio da máscara para a práctica deportiva individual en todo o casco urbano

 

O Goberno municipal de Porriño decidiu autorizar que se permita o acceso de público ata un máximo de 75 espectadores, nos eventos deportivos en instalacións municipais ao aire libre. A prohibición de público mantense en recintos pechados como o Polideportivo Municipal.

Deste xeito como consecuencia desta decisión municipal, a U.D. Atios poderá celebrar o seu partido do vindeiro domingo 15 contra o Ourense, no seu campo de O Carballo cun máximo de 75 espectadores.

Non obstante, algún outro club decidiu mantener aínda algunha máis. E o caso do Porriño Industrial que resolveu que no partido de hoxe xogará o equipo de Liga Nacional Xuvenil contra o C.D. Areosa, tan só accedan ao Lourambal os país e nais dos xogadores  locais.

O decreto de onte modifica parcialmente o anterior do 22 de outubro, que obrigou a celebrar os eventos deportivos sen público, en recintos pechados e ao aire libre.

Por outra banda, o goberno municipal tamén acordou onte decretar obrigatorio o uso da máscara para a práctica deportiva individual en todo o casco urbano.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad