Redacción 13/11/2020

Os premios son 4 cheques -un de 150 € e tres de 50 €- que poderán ser trocados por material educativo, deportivo, roupa ou música

O slogan gañador será o lema que se empregue na campaña de prevención e sensibilización do vindeiro ano

 

O Concello de Salvaterra de Miño, a través do Programa de Educación e Intervención Familiar do Departamento de Servicios Sociais, dentro da súa campaña en prol da loita contra esa lacra que nos asola como é a Violencia de Xénero e, entre as distintas accións con carácter preventivo e educativo que se levan a cabo, convoca un ano máis e por 10ª edición xa, un Concurso de lemas ou slogans dirixido ao alumnado do IES de Salvaterra, co fin de mellorar a convivencia en sociedade transmitindo fundamentalmente valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia machista.  

O concurso de slogans busca frases que  traten de transmitir unha mensaxe e un posicionamento claro de repulsa hacia os malos tratos. Dentro das iniciativas desta campaña de sensibilización social, preténdese reunir material para facer posteriormente unha campaña de difusión e publicidade dalgúns dos recursos que existen para abordar este problema.

O proxecto consiste en confeccionar uns marcadores de páxinas que logo se difundirán entre os máis novos e que conteñen o lema ou slogan gañador do concurso ademáis dalgúns números de teléfono e enderezos a onde se dirixir, en caso de coñecer ou ser víctima dunha situación de malos tratos.  A idea xurdiu e mantívose porque enténdese que, ademais de ser un soporte atractivo, informativo e moi útil ten unha perdurabilidade no tempo mantendo a vixencia da mensaxe así coma dos recursos.

O Concello leva anos traballando cos máis novos na prevención deste tipo de violencia a fin de que, dende idades tempranas, se establezan as bases para relacións sans e saudables. Eles, son o noso futuro. 

Este ano e, se cabe máis que nunca!!, en virtude da situación de pandemia na que nos atopamos, considérase que este tipo de accións cobran especial importancia. Por desgracia, as situacións de crise como a actual, emerxencias sanitarias, confinamentos así como todo o que isto trae asociado, conleva estrés engadido, acentúanse os problemas na convivencia… e, desgraciadamente tamén, se está vendo que garda relación cun incremento da vulnerabilidade para situacións varias, entre elas as de violencia de xénero. É por elo que agora máis que nunca, neste momento tan excepcional que nos está tocando vivir, debemos reforzar e non esquencer este tipo de intervencións a fin de que poidan chegar ao maior número de persoas.

O concurso conta con 4 premios. Tres deles valorados en 50 € poderán ser trocados por material educativo, deportivo, roupa e/ou música e un primeiro premio, o slogan gañador, que ademáis de recibir un premio de 150 € tamén poderá ser trocado ao igual que os anteriores, será o lema que se empregue na campaña de prevención e sensibilización do vindeiro ano para os marcapáxinas e outros… 

Só cabe esperar que nun futuro, o máis perto posible e, gracias tamén a accións de educación e concienciación como as que nos ocupan, este tipo de violencia quede completamente erradicada e non teña cabida nesta nosa sociedade, da cal todos formamos parte.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad