Redacción 13/11/2020

Unha primeira quenda de 42 autónomos e micro empresas do Porriño recibirán un máximo de 1.200 € antes de finalizar o ano

 

O Concello do Porriño adxidicaba hoxe un primeiro lote de axudas económicas directas a autónomos, pequenas e medianas empresas e micro empresas do Porriño por un importe aproximado de 50.000 €,  que solicitaron acollerse á convocatoria realizada pola administración municipal.

Esta primeira quenda de achegas destínanse a 42 peticionarios entre os que predominan establecementos de hostalaría (bares, cafeterías e restaurantes) e comercio de proximidade. A maioría, agás un dos solicitantes, recibirán o máximo estipulado nas bases da convocatoria, é dicir, 1.200 € por peticionario segundo resolveu esta mañá a comisión técnica municipal de avaliación, formada por funcionarios do Concello e presidida por David Alonso, concelleiro de Emprego e Servizos Sociais. 

A meirande parte deses cartos solicítanse para gastos xerais sobre todo alugueres e amortización de préstamos bancarios. Os demais repártense entre costear gastos de mellora tecnolóxica e medidas anti-covid.

“En breve analizaremos unha segunda quenda de peticións” indicou o concelleiro Alonso Bargiela. En concreto serán 35 solicitudes máis ata o total de 77 que recibíronse no Concello para acollerse a esta liña de axudas que está dotada cun total de 100.000 € segundo acordo plenario da corporación municipal.

O concelleiro de Emprego informou que o proceso “estará resolto e as achegas aboadas antes de finalizar o ano”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad