Proxectarase un vídeo para dar a coñecer as causas, os síntomas, o tratamento e as complicacións asociadas á enfermidade
O vindeiro sábado día 14, conmemórase o Día Mundial da Diabetes e, coa ocasión da efeméride, o Concello do Porriño a través da Concellería de Cultura, colaborará coa Asociación de Nenos, Nenas e Xente Nova con Diabetes en Galicia – ANEDIA- nunha acción informativa que terá lugar no Centro Cultural Municipal.
No vestíbulo do Centro Cultural proxectarase un vídeo para dar a coñecer as causas, os síntomas, o tratamento e as complicacións asociadas á enfermidade. Ao coincidir a celebración en sábado, o vídeo proxectarase nos días próximos a esta data.
“O Día Mundial da Diabetes lémbranos que a incidencia desta patoloxía áchase en aumento e continuará esta tendencia a non ser que emprendamos accións de prevención”, manifestou a concelleira responsable de Cultura, Cami Moreira.