O Consello Municipal da Infancia do Porriño terá representación na sesión telemática que terá lugar o vindeiro martes 17 no Parlamento de Galicia para conmemorar o Día Universal da Infancia
A pesar das dificultades que supón a situación actual, o traballo no Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Porriño continua preparando a súa intervención que realizará o vindeiro 17 no Parlamento de Galicia. Os nenos e nenas que o compoñen, representando a todos os centros educativos do concello, preparan as propostas que exporá o seu voceir@ na súa intervención do vindeiro martes 17 do presidente do Parlamento e dos representantes de todos os grupos parlamentarios. A diferencia do acaecido hai un ano, neste intre a sesión será telemática.
Trátase dunha actividade organizada por UNICEF Galicia en colaboración co Parlamento de Galicia que desta volta se realizará mediante unha sesión telemática. Do mesmo xeito que o pleno municipal infantil que se celebrará en Porriño o 20 de Novembro, o propio Día Universal da Infancia.
A Concellería de Educación do Concello do Porriño e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) que son os promotores da iniciativa teñen previstas outras actividades durante as próximas semanas para conmemorar a efeméride como a iluminación en azul da fachada do casa consistorial ese mesmo día, ou a posta en marcha e dinamización dun perfil propio en Instagram para dar así maior visibilidade ao traballo dos nenos, nenas e adolescentes no consello municipal de infancia.