Redacción 07/11/2020

Unha parella de mozos sáltanse o toque de queda, impactan contra tres vehículos aparcados e a condutora cuadriplicou a taxa de alcoholemia

 

A Policía Local de Porriño denunciou por un presunto delito contra a Seguridade Viaria á condutora dun turismo BMW que impactou nesta  madrugada contra tres vehículos aparcados na rúa Fernández Areal, á altura das pistas de tenis.

O sinistro aconteceu ás 01:50 h e supón o primeiro caso de incumprimento do toque de queda (23.00 – 06.00 h) no Porriño, dende que neste concello comezou o confinamento perimetral polas novas restricións que entraron en vigor a media noite.

De feito, a condutora do vehículo que provocou o accidente, unha moza de 22 anos de idade e veciña de Budiño, cuadriplicaba a taxa de alcoholemia.  Na primeira proba deu 1,02 mg/l e na segunda 0,97 mg/l., segundo consta no atestado policial.

Ademais o seu acompañante, un mozo de Vigo, tamén de 22 anos, será denunciado xunto con ela por incumprimento das restriccións establecidas. 

Os dous ocupantes do vehículo que provocou o accidente resultaron ilesos, segundo valorou o equipo de asistencia médica da ambulancia que acudiuao aviso da Policía Local.

Os vehículos que resultaron con danos foron unha Renault Space, un Audi A4 e un Peugeot 206, que estaban aparcados na rúa Fernández Areal.  

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad