Redacción 04/11/2020

As Pedriñas Territorio Cultural continúa ocoa programación da Rebullón, esta fin de semana, co circuito galego de teatro Amador e un espectáculo de comedia representado por Fontevella Teatro. O domingo, máis comedia pero esta vez da man dos BocaBeats, dous monologuistas que improvisan seu show mentras fan beatbox.

 

A compañia Fontevella Teatro nace no 1995 no Centro Socio Comunitario do O Porriño, e ven de cumprir 25 anos enriba dos escenarios, sen ningun paron. Vai estar exposta a súa exposición da traxectoria na Sala Rebullón durante o seu acto do venres. Co espectaculo “Balneario a Condesiña”. Así describen a sinopse do seu proxecto:

“Cada primeiro de Xuño dende fai… anos? Reúnense no devandito balneario un pintoresco grupo de persoas a pasar todo o mes. Algunhas personaxes do grupo son familia, outros amigos ou simplemente reúnense, a pasar as súas “vacacións”. Seguiremos os amores, desamores, acordos e desacordos do grupo durante un día… ou máis.” 

Por outra banda, os asistentes gozarán do espectáculo dos BocaBeats. Tras o éxito de máis 10 millóns de reproducións na internet onde acumulan máis de 180.000 seguidores e aparicións en TVE, Tele5, Antena 3, Etb2, onde está o seu programa propio, e despois de máis de 800 actuacións, arrasan co seu novo show de comedia: un espectáculo de humor cheo de improvisación e frescura. O colectivo é único en mesturar o monólogo co Beatbox-Comedia, a música cómica e a improvisación, onde irán interpretando e parodiando todas as peticións do público que será totalmente participativo no show, destinado a persoas de calquera idade.

Todas as estradas destes dous espectaculos estan a venda na Cantina do CSCD Ás Pedriñas. Avda. do Rebullón, 23 Tameiga – Mos. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad