Redacción 03/11/2020

A agrupación local de EU en Ponteareas reclama unha maior implicación do goberno municipal na loita pola conservación dos empregos.

 

As cento corenta persoas que traballan na empresa Maderas Iglesias atópanse nunha grave situación polo perigo do peche da súa empresa. Esta situación é resultado da débeda que arrastra dende o estoupido da crise económica do 2008. Ademais, dende vai anos están a ver como o persoal da empresa é cada vez menor, pasando de ser oitocentas traballadoras e traballadores a soamente cento corenta na actualidade.

Dende entón o persoal está mobilizándose na defensa dos seus postos de traballo. Dentro destas mobilizacións, reuníronse o pasado 14 de setembro coa alcaldesa do Porriño para pedirlle a intermediación e formar unha fronte común entre todos os concellos nos que residen as traballadoras e traballadores da empresa, entre os que se atopta o de Ponteareas. Segundo EU, a día de hoxe soamente contestaron á proposta feita polo goberno do Porriño os concellos de Salceda de Caselas e Mondariz. Chama a atención dos de EU que o goberno ponteareá non ofreza resposta a esta solicitude, xa na plantilla de Maderas Iglesias atópanse 23 persoas que residen na nosa vila.

Esquerda Unida Ponteareas entende que o goberno de Ponteareas debería estar á altura e facer o posible para defender os postos de traballo da nosa veciñanza.
Por todo isto, dende Esquerda Unida Ponteareas piden a Xosé Represas e ao goberno local a unirse á fronte común co concello do Porriño para reclamar á Xunta a máxima implicación na resolución do conflito e garantir que as traballadores e os traballadores poidan manter o seu medio de vida. Isto faise máis relevante porque estamos a falar dunha empresa que neste momento conta con suficiente carga de traballo para poder seguir adiante e o único que a fai perigar son as débedas coa banca.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad