DESCONVOCADA: O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez recibirá o luns 16, as 10.00 h ao tenente alcalde, Pedro Pereira
O Concello do Porriño convoca unha concentración para demandar o proxecto pendente de reforma da travesía
O Goberno municipal de Porriño e a veciñanza de A Vaquería acordaron convocar unha concentración de protesta, para demandar á Xunta de Galicia o proxecto pendente de reforma da travesía da estrada PO-510, ao seu paso polo barrio da parroquia porriñesa de Budiño.
O acordo de pasar ás mobilizacións adoptouse polo primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira, cos veciños; despois dunha reunión mantida hai poucos días e de solicitar por varias veces e sen resultado, unha entrevista ao director da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia. Pois este departamento comprometeuse hai meses a redactar o proxecto da Variante de A Vaquería.
Este proxecto ten unha indubidable importancia, tanto para a mellora da seguridade viaria nese tramo, como tamén pola súa influencia na trama viaria do Porriño, en relación co tráfico cara a outros municipios limítrofes e coa autovía A-55.
O Concello ven de solicitar autorización á Subdelegación do Goberno para celebrar a concentración que terá lugar o xoves 12, ao mediodía.