Redacción 30/10/2020

A Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións (MERP) celebrou hoxe unha xornada en defensa da blindaxe constitucional das pensións públicas, promovendo o símbolo de “O Candado das Pensións”, asociando a idea da blindaxe a un “candado constitucional”.

 

A plataforma está estendendo a iniciativa de colgar “O Candado das Pensións” nos balcóns, nun momento no que están volvendo as restricciones á movilidad da cidadanía.

Con actos simbólicos en 30 capitais, representantes das 350 organizacións da plataforma levaron este “candado constitucional” ás prazas dos concellos e aos seus balcóns, conseguindo ademais videos de apoio de representantes públicos, como o alcalde de Santiago de Compostela ou o de Pamplona, concellos que forman parte dos máis de 60 que aprobaron mociones pola blindaxe constitucional das pensións.

Logo de facerse público o informe da Comisión do Pacto de Toledo, a MERP chama a continuar traballando neste coa liña unitaria que se alcanzou, ampliando a máis grupos, organizacións, entidades e institucións a participación no debate, de forma que a unidade e a pluralidade se multipliquen e se refórcen, e introducindo no Congreso o debate sobre esta iniciativa de ·o candado constitucional” para as pensións. A MERP conseguiu reunir a prácticamente todos os grupos do Pacto de Toledo nun debate no Congreso dos Deputados e solicitou amplos apoios para ser recoñecida coa Medalla de Ouro da cidade de Madrid.

A plataforma, que recolleu xa dous millóns de firmas e conta co apoio de institucións como a Generalitat Valenciana, o Parlamento de Navarra, o Cabildo de Gran Canaria, etc., o que achega cada vez máis a posibilidade dun gran acordo no Congreso que permita blindar as pensións na Constitución.

A MERP defende unha reforma da Constitución que prohiba de forma explícita a privatización das pensións e a perda de poder adquisitivo, elevándoas ao rango de dereito fundamental.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad