Redacción 29/10/2020

Entre as 10 Comunidades de Usuarios mosenses beneficiarias das axudas suman preto de 100.000 euros no total este ano.

 

A Xunta de Galicia destina 43.989,39 euros máis a outras cinco Comunidades de Usuarios de Augas para Usos Domésticos a través de Augas de Galicia da Consellería de Ifraestruturas e Mobilidade. As cinco Comunidades beneficiarias son a C.U. Mina do Ferreiro, a C.U. Campo do Monte-Santa Marta, a C.U. de Casal, Casalmorto e Roublín, a C.U. de Pombal e Pantaño e a C.U. Os Castros.

Precisamente a alcaldesa de Mos visitou esta mañá acompañada do concelleiro da parroquia de Torroso, Alberto Méndez, as obras que a Comunidade de Usuarios da parroquia de Torroso está a poder realizar grazas á subvención autonómica de 12.000 euros.

A maiores destes preto de 44.000 euros que acaban de ser concedidos por Augas de Galicia, este ano a Xunta xa aportou, a través da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, 51.700 euros a subvencionar melloras noutras 5 Comunidades de Usuarios de Augas de Mos: a Comunidade de Usuarios de Augas para Usos Domésticos do Barrio de Castro-Mos, a Comunidade de Usuarios Mina do Ferreiro (que recibe agora novamente axuda a través da liña de Augas de Galicia), a Comunidade de Augas de Torroso, a Comunidade de Augas Fonte do Pobo, e a Comunidade de Usuarios de Fonteliña.

Deste xeito o importe anual destinado pola administración autonómica ás Comunidades de Augas mosenses suma 96.000 euros. Grazas ás subvencións autonómicas recibidas, estas Comunidades de Augas poden acometer melloras en depósitos, acondicionamento de instalacións e reposicións de tubaxe, entre outras melloras.

Ademais de a os colectivos das Comunidades de Usuarios de Augas, a Xunta axudou económicamente no que vai de 2020 a varias asociacións veciñais, pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a través do Plan Específico de Acción Comunitaria.

As diferentes subvencións están a ser investidas en varias asociacións destinadas a obras, tales como acondicionamento de instalacións, reforma de fiestras, obras de acondicionamento da accesibilidade, melloras eléctricas, compra de mobiliario, etc… As Asociacións de Veciños beneficiarias son Chan do Bosque, Celado de Cela, San Rafael de Pereiras, San Mamede de Torroso e Santa Baia de Mos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad