Redacción 28/10/2020

Coa instalación do grupo empresarial crearanse 22 novos postos de emprego e con esta bonificación crease un “efecto chamada” de posibles empresas que valoren instalarse na PLISAN

 

 

A finais do ano 2018, o Concello de Salvaterra de Miño levaba a Pleno a adhesión ao protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP, para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa “Concellos Doing Business Galicia” e, en consecuencia, a modificación das ordenanzas fiscais do IBI, IAE e ICIO. 

Ante a incipiente fuga de empresas cara Portugal, o Equipo de Goberno considerou de vital importancia a adhesión do municipio a este protocolo, para darlle saída a riqueza territorial que temos na PLISAN, aproveitando deste xeito os recursos que a mesma ofrece.

Naquel momento esta iniciativa saíu adiante soamente cos votos favorables  do Equipo de Goberno, xa que a oposición rexeitaba esta modificación coa única escusa da redución de ingresos por parte do Concello, mentres que o goberno apostaba pola creación de emprego para os seus veciñ@s.

O paso do tempo confirmou a necesidade de dita bonificación, xa que a situación de crise cobrou por desgraza unha magnitude moi importante. A posta en marcha da PLISAN é clave para a economía local e de toda a comarca, e se hoxe falamos dunha realidade, como é ALBO isto é gracias ao traballo conxunto das administracións e das facilidades adoptadas por este Concello.

A instalación de Albo vai supor a consolidación de preto de 200 postos de traballo, máis da metade emprego feminino,  e a creación  de 22  novos postos de emprego. Ademais marcará un antes e un despois no “efecto chamada” e atracción, de posibles empresas que valoren instalarse na PLISAN.

Con todo isto, hoxe no Pleno da Corporación quedou aprobada a solicitude de Hijos de Carlos Albo SL para a bonificación do ICIO,  un factor determinante á hora de elixir Salvaterra como ubicación para a súa nova empresa, a pesares do voto en contra do BNG e da abstención do PSOE.

Este Equipo de Goberno considera que a creación dos postos de emprego urxe e ten maior importancia que os ingresos directos por parte duns impostos á empresa, que lonxe de confirmar a chegada da conserveira, podería traer consigo unha fuga da mesma cara outro emprazamento estragando a intención deste Concello de xerar todos estes postos de traballo e garantir un futuro a nosa poboación.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad