A Consellería de Sanidade informou á alcaldesa Eva García do aumento dos contaxios na vila, pois so nos últimos dous días producíronse 19 contaxios
A alcaldesa do Concello de O Porriño, Eva García considera que a situación sanitaria do Porriño polo número de infectados por Covid “é verdadeiramente preocupante”, segundo valorou despois de recibir este mediodía datos concretos sobre a incidencia actual da pandemia no concello.
Pois o número de persoas infectadas ata onte é de 46, das que 19 son contaxios acaecidos entre o luns, no que aumentou en 12; e o martes, que foron 7 positivos máis. O Porriño permanece dende hai catro días no grupo de concellos en alerta vermella polo número de contaxios en relación coa a súa poboación.
A alcaldesa explicou que o Concello “adoptou medidas a maiores porque sabemos que hai sitios onde a xente non garda a distancia de seguridade. Foi a razón pola que pechamos os parques infantís, non polos nenos, senón polos maiores; ou a razón pola que ordeamos que as competicións deportivas sexan a porta pechada, polo comportamento dos que acuden aos estadios”.
Eva García engadiu que “sei que ás veces é difícil de aceptar esas medidas, pero eu como responsable do que ocorra no Concello do Porriño, teño que velar pola saúde de todos”.