Redacción 26/10/2020

A partir de hoxe o banco de alimentos “SOS Porriño” fai a entrega na casa para evitar aglomeracións na súa sede

 

 

O concelleiro de Servizos Sociais do Concello do Porriño, David Alonso, xunto con voluntarios e persoal da Agrupación de Protección Civil, iniciaron hoxe a distribución de caixas de alimentos entre as familias en emerxencia social do municipio que reciben axuda a través de “SOS Porriño”.

Na actualidade, 430 familias porriñesas, que prácticamente suman un total de 1.300 persoas, precisan da axuda mensual prestada polo Concello a través de “SOS Porriño”.

 A gran novidade do servizo municipal é que, a partir deste mes, a entrega faise no propio domicilio, para evitar deste xeito as aglomeracións que se produciron diante da sede do Banco de Alimentos.

Ao longo de hoxe, os 50 primeiros lotes repartíronse entre familias de Torneiros, Chenlo, Atios, Mosende, Budiño e na zona urbana de Porriño.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad