Redacción 26/10/2020

Da comezo mañá cunha ofrenda floral na tumba do arquitecto porriñés no Cemiterio Municipal da vila

 

A alcaldesa do Concello do Porriño, Eva García, xunto a membros do Goberno municipal realizarán mañá unha ofrenda floral na tumba de Antonio Palacios; coa ocasión do 75 aniversario do seu pasamento que se cumpre mañá 27 de outubro.

Este será o primeiro acto do “Ano Arquitecto Antonio Palacios” que promove o Concello do Porriño, a través das Concellerías de Cultura e Turismo. Trátase dunha programación que, ata o 27 de outubro de 2021, reunirá unha serie de actos e actividades culturais para divulgar a súa obra.

Por outra banda, a Concellería de Cultura informa de que outros actos en lembranza de Antonio Palacios coa ocasión do aniversario, adíanse debido ás medidas restritivas anti-Covid.

O Concello preparaba unha serie de visitas guiadas teatralizadas a obras do excepcional arquitecto porriñés, que foron aprazadas polo estado de alarma; así coma un encontro de arquitectos, sobre o significado do legado de Antonio Palacios e a súa enorme influencia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad