Redacción 26/10/2020

A Comisión Europea adimitiu a trámite a denuncia cursada por Esquerda Unida e ábrese o debate este mércores 28 de outubro sobre a presenza do lindano no Porriño e os riscos que esta supón para a veciñanza.

 

Esquerda Unida a través do seu responsable no Porriño, Pedro Ocampo, presentou no 2018 unha petición de investigación  no Parlamento Europeo que se debatirá o mércores 28 de outubro,  sobre a presenza de lindano no Porriño e as consecuencias que esto supón para a saúde e o medioambiente.

Esquerda Unida leva anos denunciando o problema derivado da contaminación por Lindano no Porriño cuestión que é extensible a outros territorios dada a utilización deste como pesticida agrícola e sanitario durante anos. Actualmente está prohibido e considerado un tóxico persistente, moi volátil e bioacumulativo ademais de canceríxeno en seres humanos.

A esta petición que se debatirá a vindeira semana, adheríronse Ecologistas en Acción e plataformas afectadas pola presenza de lindano nos seus territorios como son Aragón  (zona afectada de Sabiñánigo) e Euskadi (zona afectada da conca do baixo Nervión-Ibaizabal e Gardelegi en Vitoria)

O debate terá lugar este mércores 28 de outubro e comparecerán conxuntamente os representantes dos diferentes territorio. Por Galicia intervirá Pedro Ocampo.  

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad