Redacción 25/10/2020

Artistas locais están a traballar en 10 propostas diferentes, algunhas con instrumentos tradicionais galegos, para o tema musical do que grabarán tamén videoclip. O material irase publicando diariamente no Facebook do Concello de Mos. 

 

Continúa en Mos a programación derivada da saída dunha etapa de La Vuelta Ciclista a España desde o Pazo de Mos o vindeiro 5 de novembro. Outra das iniciativas postas en marcha é a proposta cultural-musical de animar a artistas e grupos locais a que elaborasen a súa propia versión, incluíndo vídeoclip, da canción de La Vuelta de Carlos Baute. Algunhas das propostas musicais son con instrumentos tradicionais galegos, outras de canto tradicional… dándolle unha importante e especial presenza ao folclore galego. 

Xa manifestaron que prepararon ou están a preparar as súas pezas e material videográfico numerosos artistas mosenses que participarán nun total de 10 versións diferentes do tema. Estes artistas e grupos locais son As Lagharteiras, a Banda de Música de Torroso con Antonio Barros, Antonio Barros Dúo e a bailarina Patricia Martínez, Coral O Son dos Cantares, Grupo de Alumnos da Escola de música Maison, Grupo de Alumnos de Pianagrama aula de música, Asociación Cultural Tangaraño, Grupo de gaitas de Herville, Algarabia e Chavellos. 

Precisamente onte pola tarde a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, achegouse ata a Escola Municipal de Música de Mos, sita no Centro Dotacional de Torroso, para escoitar unha mostra da versión que membros da Banda de Música Xuvenil de Torroso están a preparar xunto con Antonio Barros. Por suposto ante as novas limitacións nas xuntanzas de persoas, os grupos que aínda están a traballar na súa versión fanno respectando todos os protocolos e xuntándose únicamente un máximo de 5 persoas de xeito presencial para facelo. Todos os vídeos iranse publicando no Facebook do Concello a diario.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad