En todos os camposantos parroquiais das 10 parroquias mosenses haberá control policial durante toda a xornada para controlar rigorosamente que non se formen grupos de máis de 5 persoas e se manteña a distancia de seguridade.
Esta semana celebrouse unha nova sesión da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos aproveitando a publicación das novas medidas decretadas pola Xunta de Galicia. A Comisión centrouse, dada a proximidade do día de Todos os Santos o domingo 1 de novembro, nos protocolos municipais que se aplicará durante a celebración da festividade.
Unha das medidas máis destacables será a realización dun control de temperatura para o acceso nos cemiterios municipais de Torroso e Mos. Medidas similares chamaron a atención da Axencia Española de Protección de Datos, que se pronunciou sinalando a necesidade de consentimiento e delimitación daquelas polas autoridades sanitarias e solicitou un desenvolvimento normativo do asunto para garantir a privacidade das persoas. Ademais, haberá axentes policiais durante toda a xornada nos cemiterios parroquias das 10 parroquias mosenses, para asegurar que non se formen grupos de máis de 5 persoas nos mesmos e se manteña a distancia de seguridade. Ademais por suposto deberase manter a distancia de seguridade de 2 metros, emprefar a máscaram e nos cemiterios municipais a Misa celebrarase na Igrexa Parroquial.
Por outra banda, debido ao avance dos contaxios polo COVID-19, a Xunta estebeleceu a declaración da situación de nivel 2 en toda Galiza, polo que se deberán cumprir as normas que limitan as reunións de máximo cinco persoas, a prohibición de todas as festas e verbenas, a limitación ao 50% da capacidade en comercios, restauración, lugares de culto e hostelaría, sendo ese límite do 75% nas terrazas. Prohíbese tamén o consumo na barras dos bares e nas vodas haberá como máximo 100 persoas no exterior e 50 no interior. Os velorios e enterros limitaránse a 25 persoas no exterior e 10 no interiorm e nos eventos deportivos, 150 exterior e 60 no interior.
Respecto destas novas medidas autonómicas no Concello de Mos, tal e como acordou esta mañá a Comisión de seguemento, quedan interrompidos ata novo aviso os programas municipais de cursos culturais e deportivos ‘Tempo de Lecer’, ‘Exercítate’ e ‘Cóidate’, as clases de Aquagym na piscina municipal reduciranse a grupos de 5 alumnos máis o monitor/a, e as clases e adestramentos de fútbol non federado nos Campos Municipais poderanse realizar ao aire libre ata un máximo de 100 persoas pero agrupadas en grupos de 5 participantes (4 alumnos/as máis 1 monitor/a).
No caso dos eventos culturales como o concerto de Milladoiro incluído na programación de La Vuelta en Mos, o aforo de público queda tamén reducido. Neste caso serán 60 persoas as que poidan asistir a ver a Milladoiro no auditorio do Centro Dotacional de Torroso o vindeiro sábado, 24 de outubro, ás 20.00 horas. Ademais desde o Concello contactarase con todas as asociacións, colectivos e clubes veciñais, culturais e deportivos para que sexan rigorosos no cumprimento da normativa nas actividades dos seus locais sociais. Por último, na Comisión de hoxe, acordouse tamén incentivar as desinfeccións nas zonas comerciais do municipio.