Redacción 22/10/2020

Decide precintar parques infantís, suspender o mercado ambulante, a entrada de público a eventos deportivos ou controlar aforos na praza de abastos entre outros

 

 

A Alcaldía comunica que compre adoptar una serie de medidas complementarias no ámbito municipal á vista do incremento dos contaxios por Covid-19 que motivaron que dende hoxe, O Porriño estea en alerta vermella. O Porriño cun total de 26 contaxios activos, entrou en nivel 3 polo que o Goberno municipal, tras unha reunión de urxencia, resolveu as seguintes disposicións:

  • Suspender o mercado ambulante dos martes
  • Precintar os parques infantís
  • Establecer na Praza de Abastos, un control de acceso e un aforo restrinxido, con circuito de entrada e saída.
  • Suspensión de actividades culturais tanto nos recintos municipais como nas asociacións.
  • Peche da Sala de Estudo Municipal
  • Competicions deportivas federadas sen público en recintos pechados e ao aire libre.

Todas estas medidas estarán vixentes ata que mellore a situación.

A alcaldesa, Eva García explicou que todas estas decisións “precisan da colaboración da veciñanza” e fixo “unha chamada á prudencia para que os porriñeses e porriñesas limiten os contactos con persoas non convivintes para protexerse a sí mesmos, a súas familias e a os demais. O Ministerio de Sanidade advirtenos de que agardamos meses moi duros e teremos que ser moi responsables”.

A Alcaldía e a Concellería de Deportes do Porriño comunican a decisión de prohibir o acceso de público aos eventos deportivos que se celebren en recintos pechados tanto no Polideportivo Municipal coma nas instalacións ao aire libre, incluídos os campos de futbol.

A restricción é para competicións federadas de ámbito autonómico e nacional. A medida é de aplicación a partir desta fin de semana e estará vixente en tanto en canto non persista a alerta vermella (nivel 3).

David Alonso, concelleiro de Deportes admitiu que “é unha decisión dura”. “Coido que debíamos adiantarnos ao avance do virus, a pesar de que no DOG informábase de que poderían permitirse certos cupos de espectadores”, manifestou o concelleiro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad