Por mor dos preparativos de acondicionamento do camposanto para o vindeiro 1 de novembro, apélase a concienciación dos veciños nas medidas sanitarias preventivas establecidas
Ante a inminente data de Defuntos e Todos os Santos, a Concellería reponsable de Cemiterios insta á veciñanza a que eviten aglomeracións e acudan con antelación dabondo, mantendo as debidas precaucións e protocolos anti-covid.
A tal fin, a Alcaldesa Eva García de la Torre promulgou un bando nos seguintes termos:
“Co fin de visitar aos nosos defuntos nestes días, dende o Concello pedimos responsabilidade á hora de evitar aglomeracións nos cemiterios municipais e relixiosos”.
Este bando colocarase nos accesos dos cemiterios existentes no Porriño.