Redacción 19/10/2020

Contou cos votos a favor dos grupos da oposición a excepción do PP e na mesma liña foi o resultado da aprobación dun suplemento de crédito de 326.000 €

 

 

A corporación municipal aprobou por maioría a Conta Xeral do Concello do Porriño do Exercicio de 2019, nunha sesión extraordinaria telemática celebrada esta tarde.

A aprobación acadouse cos 9 votos que sumaron PSOE, BNG, EU Son e UDDL. Previamente desestimáronse as alegacións presentadas polo Partido Popular e por un particular.

A aprobación da Conta Xeral é un trámite de obrigado cumprimento ao remate de cada Exercicio por parte das administracións municipais, cun informe sobre a súa situación patrimonial, gastos e ingresos , e grao de execución orzamentaria.

Na mesma sesión aprobouse definitivamente o suplemento de crédito 2/2020 por importe de 326.000 € para diversos pagamentos xa recoñecidos, cos 9 votos favorables de PSOE, BNG, EU Son e UDDL e as abstencións dos concelleiros do PP.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad