Redacción 16/10/2020

Será o luns 19 en sesión Extraordinaria ás 17.00 h e será retransmitido en streeming

 

 

A corporación local do Porriño celebrará, o vindeiro luns 19, unha sesión plenaria de carácter extraordinario que se desenvolverá de xeito telemático, segundo decidiu a Alcaldía despois de consultar cos voceiros de todos os grupos municipais.

Durante o estado de alarma, a corporación porriñesa xa fixera o pleno do 27 de maio de xeito telemático.

Agora a decisión fundaméntase na interpretación que fai o Concello da recente normativa anti-Covid promulgada pola Xunta de Galicia que limita as reunións a 10 persoas.

O pleno consta de tres asuntos:

– Aprobación da acta da sesión do 30/09/20 (acta 11/20)

– Aprobación definitiva do suplemento de crédito 2/2020

– Aprobacion definitiva da conta xeral do exercicio 2019

A sesión comezará ás 17.00 h e será retransmitida en “streaming”, dende a páxina web do Concello, na mediateca de Plenos.   

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad