Redacción 15/10/2020

Tras visitar o persoal de servizos sociais no seu novo emprazamento no edificio do Multiusos de As Pozas, a corporación socialista municipal denuncia eivas na seguranza das instalacións. A crise do Covid obrigou a trasladas este servizo a outro espazo no que poder levar a cabo as súas tarefas e atender á veciñanza.

 

O grupo socialista chama á responsabilidade do Concello para corrixir unha serie de fallas no acceso o Multiusos. Denuncian a ausencia de persoal para medir a temperatura, de dispensadores de hidroxel, de persoal de limpeza que desinfecte as instalacións despois das visitas das usuarias e usuarios cas traballadoras sociais, así como a premura no cambio de emprazamento que provocou que dous dos despachos estean separados por unha porta corredeira, o cal non garante a privacidade necesaria.

A isto súmaselle que dúas traballadoras realizan as súas funcións de forma rotatoria no recibidor do Multiusos provocando que o material e os expedientes cos que traballan estean a disposición das e dos usuarios que utilicen o auditorio durante todo o día, ademais de que non se dotou a súa mesa cunha mampara protectora. Xunto a esta situación preocupante hai que engadir que a calefacción leva dende o ano pasado avariada sen poder poñela en funcionamento e que nas antigas instalacións non hai cartel de ningún tipo informando a veciñanza do cambio.

A voceira socialista, Victoria Alonso, afirma que “o Concello debe acometer as melloras que precisan estas traballadoras de forma urxente para velar pola súa seguridade e pola dos usuarios, xa que nesas instalacións están programados actos para os vindeiros días”. Recórdalle que “o Concello está para velar polo correcto funcionamento das súas instalación e esta situación é un risco para todos, tendo en conta os casos de rebrotes que se están a vivir na contorna”. Finaliza: “a premura e a inconsciencia coa que realizou o cambio provocou unha situación preocupante que pon en risco a saúde pública das traballadoras e veciñanza”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad