O Concello tamén preve convertirse no principal patrocinador do equipo feminino da U.D. Mos, recientemente ascendido a unha categoría superior, na hora de preparar os orzamentos de 2021.
A pesar da crise da COVID-19 e da delicada situación financeira do Concello, o goberno anunciou xa que si estará en disposición de aboar as 13 subvencións que suman preto de 50.000 euros, e que así o fará antes de que remate o ano. Ademais, nos orzamentos de 2021, o Concello de Mos contempla convertirse no principal patrocinador do equipo feminino da U.D. Mos, como así llo trasladou ás xogadoras do equipo a rexedora local mosense a semana pasada na visita que lles fixo no Campo de Fútbol das Baloutas antes do seu adestramento.
O equipo prepara esta nova tempada 2020-2021 na que xogan nunha nova categoría: Primeira Nacional, tras ter ascendido a tempada pasada. Tamén estiveron presentes Pablo Alonso Serodio, presidente da U.D. Mos, Telmo González, adestrador do U.D. Mos Feminino, e Cristian Taibo, coordinador deportivo da U.D. Mos. O ascenso a Primeira do U.D. Mos Femenino supón para o clube un grandísimo logro. A rexedora local mosense destacou “a valía destas mulleres e o meteórico da súa traxectoria deportiva, sendo un auténtico exemplo de traballo duro, esforzo, superación e deportividade para toda a cidadanía mosense e un verdadeiro orgullo para o Concello de Mos”. Por elo adquiriu o compromiso de que o Concello sexa o principal patrocinador da equipaxe oficial do equipo para esta tempada. Ademais de animar e felicitar ás xogadoras, Alejandro Gómez foi tamén receptor dun agasallo por parte delas e do clube, para darlle forzas na súa recuperación e agradecerlle tantos anos de traballo e apoio e incondicional ao equipo e á Unión Deportiva Mos.
Este ano 2020 en total repártense en Mos 49.100 euros (16.000 euros máis que en 2019) en 13 subvencións cuxos beneficiarios son a bailarina Patricia Martínez, a ciclista Susana Alonso, o Club de Patinaxe Artística Rosaleira, as Escolas de Patinaxe de Mos, o Club Tiro con Arco Archers Team, o Club Louro Tameiga, o Club Deportivo Alerta de Sanguiñeda, a Unión Deportiva Mos, Unión Deportiva Mos Feminino, o boxeador Juan Rivera, o Club Natación Mos, o Club Xadrez Mos e a Agrupación de Patinaxe Xiramos.