O Concello pon en marcha o seu programa anual de actividades invernais para @s veciñ@s tendo en conta os protocolos sanitarios establecidos
Este ano, sen dúbida as actividades municipais veñen estigmatizadas pola alerta sanitaria e o marco complexo que atravesa todo o país, por iso hai que establecer os protocolos adecuados para facer que sexan unhas actividades seguras para tod@s.
Existe unha gran diversidade temática na oferta de este inverno, xa que os nosos veciñ@s poderán aprender, dende manexar o DNI electrónico e Certificados dixitais, ata facer un curso de Carretilleiro ou sacar o título de Monitor de Tempo Libre, entre moitos outros.
Ademais tamén existe a posibilidade de levar a cabo a aprendizaxe de outras expresións artísticas coma poden ser a Fotografía Creativa ou a Papiroflexia, etc.
Outra novidade moi interesante e práctica a nivel social é o curso presencial de Lingua de Signos, sen esquecer tamén a saúde co tradicional curso de Dietética.
Por estas e outras actividades, dende o Concello de Salvaterra animámosvos a que este inverno sexa productivo e participedes de toda esta variedade, facendo as inscricións na web do Concello abertas dende o 24 de outubro ata o 6 de novembro; e no caso dos cursos do 2021, ata o 11 de decembro.