Redacción 15/10/2020

Antes de declararse o estado de alarma, eran 251 as familias beneficiarias dos diferentes programas do departamento de Benestar Social do Concello de Mos. Durante o estado de alarma (de marzo a xuño) ascenderon a 352 e na actualidade son 338, segundo o Concello.

 

Desglosando estes datos por programas, cómpre especificar que o SAF (Servizo de Axuda no Fogar) Dependencia non sufriu variacións, pois o Concello ten asignadas 5.118 horas mensuais sempre activadas, que supoñen sobre 97 usuarios. Por outra banda o SAF Básico antes do estado de alarma contaba con 12 usuarios, e durante o estado de alarma incrementouse a 15 usuarios e posteriormente a 18 usuarios. Ademais, púxose en marcha o SAF Temporal Extraordinario, activado pola Xunta de Galicia ante a COVID-19, que comezou en abril con 21 usuarios, a 31 de setembro tiña 6 usuarios, e finalizará o vindeiro día 30 de novembro de 2020.

O programa de Teleasistencia mantívose sen variación con 26 usuarios antes, durante e despois do estado de alarma. O programa Xantar na Casa antes do estado de alarma contaba 5 usuarios, durante o estado de alarma 6 usuarios e na actualidade 6 usuarios. No caso das axudas de Emerxencia Social do Concello foron cinco a comezos de 2020, antes de que se producise o estado de alarma, fronte ás 24 durante o estado de alarma e as 15 desde que rematou o mesmo ata a actualidade.

O programa de alimentos de Mos Axuda contaba antes do estado de alarma con 78 familias beneficiarias, que ascenderon a 105 durante o estado de alarma, e son un total de 99 familias na actualidade. No tocante á RISGA, Renda de Inclusion Social de Galicia, antes de situación de alarma xestionáronse 4 solicitudes, durante o estado de alarma outras 4 e desde o fin deste 16. Respecto das Axudas de Inclusión Social, antes da situación de alarma tramitáronse 3, durante o estado de alarma outras 3 a partires de ahí ata a actualidade 11.

Desde os servizos sociais do Concello de Mos infórmase de que mateñen o mesmo teléfono de contacto: 986 337 278, ao que os usuarios deben chamar para concertar cita previa. Actualmente traballan neste departamento municipal un total de sete persoas: catro traballadoras sociais, dous administrativos e unha psicóloga.

Por outra banda atópanse os servizos prestados polo CIM, Centro de Información á Muller de Mos, que conserva a mesma ubicación no edificio de Urbanismo, a escasos metros do Concello. O CIM ofrece asesoramento xurídico e psicolóxico, e durante os primeiros meses do ano 2020, antes do estado de alarma, tivo un total de 16 usuarias, fronte ás 27 durante o estado de alarma e ás 20 desde o fin do estado de alarma ata a data de hoxe. Destas 63 usuarias, 5 foron vítimas de violencia de xénero: 4 delas o foron durante o estado de alarma e unha delas desde o fin deste.

O número de consultas atendidas desde o CIM durante o que vai de ano ascende a 399 consultas (atención psicolóxica e  asesoramento xurídico). Das cales 72 foron atendidas antes do estado de alarma, 157 durante, e 170 despois.

Por outra banda atópase a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA é subvencionada tamén pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o número de traballadores a contratar é de cinco para os postos de Auxiliar Administrativa, Peón de xardineria, Peón de obras públicas e dous Operarios de limpeza que traballan no Concello de Mos durante nove meses cunha xornada de traballo do 75 %.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad