Redacción 14/10/2020

Tamén rematan as obras do ximnasio onde se desenrolarán as clases de pilates e de ximnasia de mantenemento

 

 

A pista 2 do Polideportivo Municipal, unha vez rematadas as obras de lixado, arranxo e colocación da nova superficie de madeira para concluír a reparación dos danos ocasionados polas inundacións do 1 de xuño, estrea nova imaxe co pintado das liñas da cancha en cor morada.

A decisión responde a “un xesto de solidariedade coa perspectiva de igualdade e contra a violencia de xénero”, manifestou o concelleiro de Deportes, David Alonso, que hoxe estivo a comprobar diversas actuacións no Polideportivo. Entre elas, a colocación nas dúas pistas ,de novas proteccións na zona das canastras.

O concelleiro tamén inspeccionou os traballos de arranxo do ximnasio do Pavillón 1, que están a rematarse coa colocación do novo parqué de vinilo, despois de ter concluídas as obras de impermeabilización.

Precisamente neste ximnasio terán lugar as clases de pilates e de ximnasia de mantemento, divididas en catro quendas, cada unha con 10 persoas e divididas por días.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad