Aclara os motivos da proposta dun convenio co Concello do Porriño que levou na moción o BNG e que votaron en contra PP e EU Son do Porriño e se bstivo o PSOE
No pasado Pleno Ordinario do Concello do Porriño, levouse a votación a proposta dun novo convenio entre a Comunidade de Montes e o Concello do Porriño, para cederlle o uso e administración dos centros culturais, para uso dos veciños pois segundo indican “entre as tres condicións que poñemos para o seu disfrute -a contratación dun seguro de Responsabilidade Civil, a creación dunha directiva e o gasto de mantenemento (auga e luz)- no son ben vistas por algúns veciños”. Sen embargo, nunha reunión mantida en febreiro deste mismo ano na que estiveron representados todos os grupos municipais, asociacións sociais e deportivas “mostráronse dacordo cun novo convenio que regulase o uso dos centros culturais e deportivos. Non entendemos por qué decidiron absterse ou manifestarse en contra agora”.
Ademáis, explican neste comunicado “encontrámonos con que foi solicitada a instancias do PP unha revisión de oficio á Xunta, respecto a sentenza do Xurado de Montes na que se otorga a titularidade de centros culturais e deportivos, así coma os terreos á nosa Comunidade de Montes baseando o seu escrito en que figuraban no inventario municipal, pero iso non quere dicir que esos terreos fosen do Concello. Ao igual que inversións feitas pola administración local, algo que xa se incluía no convenio anterior de cesión de uso asinado no 1997 polo alcalde neses intres D. José Manuel Barros, no que se ingresaba ás comunidades de montes un 15% dos beneficios das canteiras nos dous primeiros anos -con carácter retroactivo os anos 1995 e 1996- e cunha porcentaxe do 33% nos seguintes anos ata o 2007”.
Por outra banda, en canto a acusación contra o Concello por non facer alegacións en tempo “cabe lembrar que tal coma reza o DOGA do 28/02/2017 o Xurado Provincial de Montes Veciñais de Pontevedra notifica o inicio da tramitación do expediente abrindo un período de 1 mes para a práctica de alegacións. Posteriormente a alcaldesa do Porriño comunicou á entidade de montes, a exposición pública do edicto de incoacción do expediente de clasificación das parcelas, sin que se produxera ningunha alegación”.
Inciden deste xeito en que “Entendemos que, tal como se recoñece neste documento oficial, todos os grupos de oposición que din representar aos veciños, tiveron a mesma oportunidade de facer as alegacións oportunas”.
Respecto ao outro grupo da corporación que votou en contra “Tamén nos sorprendeu a postura mantida polo grupo EU Son, xa que ademáis de tratar de misturar asuntos laborais do noso presidente con temas da comunidade, posicionouse a favor do mantido polo PP”.
A Comunidade de Montes di sentirse “gravemente perxudicada en canto, ata o de agora, ningún grupo polítco se mostrou tan na contra de desmerecer o traballo desta directiva; pois nin tan siquera o PP foi quen de alegar no seu mandato nada en contra de outras clasificacións, poñendo como exemplo a parcela da Lagoa de Orbenlle, que nos foi recoñecida no 1987”.
Para rematar, a Comunidade de Montes que deixar claro que “a través das súas directivas sempre tiveron como premisa a defensa do uso das asociacións veciñais, culturais ou deportivas; de feito hai que recoñecerlles a moitos deles o esforzo de arrimar o ombreiro. O caso é que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Salvador de Budiño non pode asumir os posibles riscos que se poidan producir no uso dos veciños, por iso solicitamos dos usuarios a creación dunha directiva, un seguro RC e o pago dos consumos; que non é mais que o que acontece en outras parroquias ou municipios”.