Redacción 13/10/2020

Trátase dun porriñés de avanzada idade ao que a súa familia estaba a buscar e do que o 112 deu aviso

 

A Policía Local localizou a un home de 85 anos de idade, veciño de O Porriño, que circulaba a pé pola  A-52, onte luns, ás 13,40 h. A través do 112, recibiuse aviso de que un varón, de idade avanzada, camiñaba pola Autovía en dirección Vigo e que corría serio risco.

Os axentes que se desprazados atopárono camiñando á altura do punto quilométrico 306, comprobando que se trataba dunha persoa maior que ten problemas de demencia, procedendo ao seu traslado e entrega a súa familia, que xa estaba a buscalo.

Aínda que o ámbito de actuación das Policías Locais no eido do tráfico restrínxese ás zonas urbanas, non é a primeira vez que axentes do Porriño acoden a atender estas situacións en vías interurbanas, como aconteceu o pasado 5 de setembro deste ano, cun home de 80 anos, tamén veciño porriñés, que camiñaba pola autovía A-55 sen ningún tipo de roupa.

Neste senso, dende a Concellería de Seguridade que dirixe Lourdes Moure, fai un chamamento á colaboración da veciñanza para que dean aviso ás Forzas e Corpos de Seguridade  indicando que “a Policía Local do Porriño dispón dunha contrastada capacidade de resposta operativa non superior a 3 minutos ante calquera urxencia”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad