A Asociación de vecinos de San Benito e San Sebastián do Porriño esixe á Concellería de Cultura o cumprimento da moción plenaria aprobada para recuperar o uso social do salón de actos do Centro Cívico e avanza manifestacións
A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián agradeceu hoxe aos grupos da Corporación que apoiaron a moción para devolver o uso social ao salón de usos múltiples do Centro Cívico no pleno do pasado día 30 de Setembro.
Este salón de actos, o único do que dispón a veciñanza do Porriño para o desenvolvemento de actividades sociais e culturáis así como as asociacións veciñáis e culturais ubicadas no Centro Cívico, deixou de ter esta función o pasado mes de xuño cando sen previo aviso, a Concellería de Cultura ubicou un salón de estudio para que os estudiantes non o fixeran na biblioteca. A pesares de que a concelleira de cultura defendeu no pleno que a decisión se debía ao cumprimento das medidas anti COVID, a propia concellería de cultura emitiu un comunicado onde afirmaba que a decisión de ocupar o espacio do salón de actos do Centro Cívico como sala de estudo, se debe, en palabra da propia concelleira: “Esta separación de espazos con funcións diferenciadas, da solucións, tanto ás persoas que buscan un lugar para estudar comodamente e en silencio, e a biblioteca municipal recupera o seu espazo para implementar os servizos bibliotecarios a todas as persoas que queiran gozar do fondo bibliográfico, facendo deste goce un agradábel convite.”, quedando claro, por tanto, que a Biblioteca Municipal non desexa que os estudiantes poidan estudar facendo uso da sala da biblioteca. (Nota publicada na web da Biblioteca Municipal http://ecultura.net/novo-horario-da-sala-de-estudo-municipal/)
Segundo a asociación “a aprobación por maioría absoluta da moción, co apoio do PP, Eu Son Porriño, UDDL e a abstención do PSOE, é un claro exemplo de que a maioría da Corporación está de acordo co que indicábamos na mesma.”.
Lamentablemente, a resposta da Concellería de Cultura do BNG “non só non parece ter intención de cumprir a moción, senón que a súa resposta á aprobación desta moción polo pleno foi a de ampliar o horario a sala de estudo ubicada no salón de actividades múltiples do Centro Cívico, amosando un total desprezo polo Pleno da Corporación Municipal.”
Dende a directiva da AAVV, queremos indicar que “o non cumprimento da moción plenaria por parte da Concellería de Cultura amosa o seu pouco respeto polo pleno democrático. Ademáis, queda claro pola propia nota que ela mesma asinou na web da Biblioteca Municipal, que a razón de ocupar o Salón de Actos do Centro Cívico non é o COVID, senón que directamente parecen non querer estudantes na Biblioteca, un sitio onde xeracións de porriñeses e porriñesas acudían a estudar. Non só defendemos que o Salón de Actos do Centro Cívico volte a ser de uso social, senon tamén o dereito dos estudantes do Porriño a poder estudar na Biblioteca Municipal.”
A Xunta Directiva da AAVV adiantou que se non se cumpre o acordó plenario, estudará medidas de protesta e manifestacións diante do Concello para esixir que se cumpla democráticamente co que acordou o Pleno da Corporación.