Redacción 09/10/2020

Tamén se lle tomarán os datos como medida de control ante posibles contaxios, de acordo coas resolucións da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 do Concello de Mos.

 

Onte celebrouse semipresencialmente a terceira Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos tras a reanudación destas reunións de seguemento e control o pasado 1 de setembro, que foran interrompidas despois da última Comisión de Seguemento levada a cabo o 17 de xuño. A Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos continuará en diante coa súa celebración periódica quincenal, na que se analiza e se establecen estratexias de seguridade, protección e prevención ante o virus.

A Comisión decidiu que o Concello tomará a temperatura e anotará os asistentes a eventos sociais e culturais como medidas adicionais en actos con presenza significativa de público. Ademais de medidas xa implantadas, como uso da máscara, limpeza de mans e distancia social, nos actos con presenza significativa de público recopilaremos os datos persoais dos presentes elaborando unha relación dos asistentes e tomándolles a temperatura, co fin de localizalos no caso de que se produza un contaxio.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad