Con este cambio, elimínanse ademais barreiras arquitectónicas e increméntase a comodidade para o persoal e os usuarios nestas dependencias, que xa están operativas desde esta semana.
O motivo do traslado viu dado co obxectivo de optimizar o protocolo preventivo ante a COVID-19 tanto para as traballadoras como para os usuarios, a eliminación de barreiras arquitectónicas, o incremento da confortabilidade e comodidade no desenvolvemento do traballo diario e a atención ao público, así como maior intimidade para os usuarios que acoden ao departamento.
A anterior ubicación da concellería de Política Social atopábase no edificio de Urbanismo, onde tamén está o CIM (Centro de Información á Muller de Mos), a escasos metros do Concello. Estas infraestructuras son de dimensións moito máis reducidas que as actuais e de maior antigüidade. Desde os servizos sociais do Concello de Mos infórmase de que mateñen o mesmo teléfono de contacto: 986 337 278, ao que os usuarios deben chamar para concertar cita previa.
O Concello salienta o labor deste departamento, especialmente, desde que se desatou a pandemia do COVID-19. Con este cambio, estas profesionais poderán traballar nun espazo máis seguro.