
O actor compostelán visitará Mos co seu espectáculo cómico “As miñas mellores fazaás” o próximo sábado 17, ás nove da noite, no Centro Cultural das Pedriñas. As entradas anticipadas custarán 12 euros, e 15 na billeteira.
Luís Zahera, recoñecido actor galego galardoado cun un premio Goya en 2019 polo seu papel na exitosa película “El Reino”, tamén brila en series e películas como Celda 211, El hijo de Caín, Alatriste, sin tetas no hay paraiso, La unidad ou na actual serie de Telecinco “Vivir sin permiso” na que da vida á Ferro. Tamén traballa entre México e Galicia na exitosa serie de televisión Enemigo Íntimo.
Se ben o nos ten afeitos ao seu papel de home malvado e sen escrúpulos, traerá consigo desta vez a súa faceta máis cómica. Ofrecerá o seu espectáculo como “monóloguista” cun show de comedia no que nos conta “As súas mellores fazañas” a lo longo da súa vida.