Redacción 07/10/2020

A institución únese á campaña #UnidosPorLaDislexia impulsada pola Asociación Dislexia e Familia -DISFAM-, a Federación Española de Dislexia -FEDIS- e a Organización Iberoamericana das DEA -OIDEA-

 

A Deputación de Pontevedra iluminará de azul turquesa o seu Pazo Provincial na tarde deste xoves ao abeiro da conmemoración do Día da Dislexia. Deste xeito a institución únese á campaña #UnidosPorLaDislexia impulsada pola Asociación Dislexia e Familia (DISFAM), a Federación Española de Dislexia (FEDIS) e a Organización Iberoamericana das DEA (OIDEA)

A través desta iniciativa preténdese visibilizar este trastorno, que afecta ao 10% da poboación mundial, así como outras dificultades específicas da aprendizaxe, facendo fincapé na importancia da detección e actuación precoz para evitar o fracaso ou abandono escolar. Empregarase para tinguir o Pazo provincial da Deputación  a cor azul turquesa xa que ten connotacións positivas para as persoas con dislexia e promove a súa creatividade, calma, serenidade, tranquilidade e relaxación.

Máis de 4,6 millóns de españolas e españoles e 800.000 nen@s nas aulas teñen dislexia pero soamente o 33% reciben a atención profesional necesaria. Calcúlase que nunha clase de 25 alumnas e alumnos ao menos un terá dislexia. Amais, preto do 60% do fracaso escolar está protagonizado por alumnado con dificultades de aprendizaxe, sendo unha delas a dislexia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad